Un total de 9
restaurantes das comarcas do Eume e Ferrolterra participan nestas
segundas xornadas da tenreira Produto do Eume. Organizadas polas
Asociacións Euroeume e Agroalimentaria do Eume, que contan coa
colaboración da Deputación da Coruña, as xornadas comezaron o
pasado 19 de marzo e extenderanse ata o día 3 de abril.
As xornadas
enmárcanse dentro do programa de promoción que a Asociación
Euroeume está a organizar para dar a coñecer a marca de calidade
territorial “Produtos do Eume”, para a que recentemente acadou a
autorización da Xunta de Galicia, e que ten a intención de amparar
ás producións alimentarias de calidade da zona, garantindo e
certificando a orixe dos produtos e uns procesos de elaboración en
base a uns regulamentos de producción.
O obxectivo destas
xornadas é dar a coñecer ao gran público as cualidades dos
produtos do Eume, especialmente a carne das tenreiras criadas pola
Asociación Monte Forgoselo no espazo protexido Xuvia Castro. Unha
carne cunhas características diferenciadoras baseadas nunha crianza
en réxime de semiliberdade, cunha alimentación natural, e que son
sacrificadas con 11 ou 12 meses de edade, despois de tres meses no
cebadeiro da asociación. Antes da súa comercialización a carne
pasa por un periodo de maduración mínimo de unha semana. O
resultado deste proceso de crianza é
unha carne máis tenra, xugosa e saborosa, cunha cor máis escura e
cunha infiltración de graxa, similar á do vacún maior.
Casa Toñita (A
Capela), CasAlexo (Ferrol), Hotel Chips (Narón), Mesón Os Tres Pes
(Narón), O Muiño de Pepe (San Sadurniño), Casa Teresa (As Pontes),
Mesón a Granxa (San Sadurniño), Café Bar Yellow (Cabanas) e
Restaurante Tortoni (Fene) son os 9 restaurantes participantes.
Todos eles ofertan
de forma habitual esta carne, e para estas xornadas están a engadir
nas cartas dos seus establecementos algunhas preparacións especiais.
Así CasAlexo ademais da seu clásica Croca a grella con salsa de
Oporto, incluirá entre outros pratos un cachopo de pez con queixo da
Capela e unhas brochetas de terneira do Eume. O restaurante do Hotel
Chips elaborará un rabo estofado de tenreira do eume ao mecía, e
falda estofada con pemento choricero e viño tinto. Casa Toñita
ofertará aos seus clientes algúns dos platos clásicos da súa
carta, como o entrecot, as chuletas e a carne asada. O Muiño de
Pepe, ademais das pezas clásicas de plancha, chuleta, entrecot e
solomillo, introduce un xarrete de terneira do eume estofada. O
Restaurante Tortoni, a súa ben coñecida carne ao caldeiro e
chuletas. E a lista continúa cunha ampla variedade de pratos
suculentos elaborados con esta carne.
1 comentario:
Impresionante esa croca con salsa de oporto de Alexo, Agora fáltame por probar algunha mais desas delicias que comentades. Un saúdo e ánimo con esas iniciativas, porque a carne desde logo é deliciosa
Publicar un comentario