Mostrando entradas con la etiqueta lotes productos galegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lotes productos galegos. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de diciembre de 2015

Cestas e lotes con sabor á nosa terra

Un ano máis Agroalimentaria do Eume ofrece este nadal a oportunidade de regalar lotes de produtos da nosa terra. Unha boa maneira para felicitar ou mostrar o noso afecto a amigos, familiares, clientes ou colaboradores, que de seguro atoparán unha satisfacción nestes lotes de cousas ricas, que alegran e alimentan.




Os lotes que compoñen o catálogo da Agroalimentaria teñen un amplo rango de prezos a partir dos 30 €, en función do que un quera gastar, ofrecéndose a posibilidade de compoñer o lote ao gusto do consumidor: Repostería artesanal, doces de comercio xusto, mel das Fragas do Eume, licores, viños da terra de Betanzos, queixos e lacteos, embutidos de porco celta, conservas e outras delicias elaboradas na nosa terra compoñen estes lotes que a bo seguro agradecerán os teus achegados.