Despoís de moito traballo por fin abrimos a nosa nova tenda on-line.
Unha ferramenta que agardamos sexa máis accesible aos usuarios e desde a
que realizaremos envíos a toda a península.
Agroalimentaria Do
Eume é unha asociación sen ánimo de lucro que integra a produtores do
sector agroalimentario das comarcas de Eume, Ferrolterra, Betanzos e
Ortegal, que pretende dar un impulso ao sector primario deste
territorio. Unha das principais vías para apoiar aos produtores do noso
entorno céntrase na comercialización directa dos produtos dos nosos
asociados, sen intermediarios, mediante a nosa tenda, localizada na
Estrada de Castela, 830, en Xuvia (Narón), coa nosa presenza en diversos
mercados e feiras que se celebran na comarca e nas proximidades, coa
venda a diversos establecementos de restauración, e agora tamén a través
da rede, coa tenda on-line www.doeume.com.
O
transporte das mercancías realizarase a través de transporte urxente. A
páxina calcula o prezo do envío según dúas modalidades, a primeira
sería de transporte urxente, que se utilizará para os produtos que non
requiren refrixeración, como as conservas, repostería, viños e licores, e
unha segunda de transporte refrixerado para os produtos perecedeiros
frescos como a carne, os lácteos e os produtos hortícolas.
Nesta tenda poderás atopar unha selección dos mellores produtos da comarca do Eume, así como produtos de Comercio Xusto:
As
carnes das terneiras criadas no Monte Forgoselo, que se poderán
adquirir tanto en lotes de 5 ou 10 kg, como escollendo as pezas que máis
che apetezan: solombo, chuletas, agulla, croca, xarretes,...
Os
diferentes meles da Casa do Mel de Goente, tanto os multiflorais como os
monoflorais de breixo, silveira, castiñeiro e eucalipto, produto do
traballo das abellas das colmeas dos socios da delegación eumesa da
Asociación Galega de Apicultura.
Os queixos e requeixos da
Cooperativa Campo Capela, elaborados artesanalmente co leite cru que se
recolle diariamente nas explotacións dos socios da cooperativa
A
ampla gama de licores de "Meigas Fora", elaborados no concello de
Cabanas cos mellores ingredientes, seguindo as receitas tradicionais e
coas novidades que introducen na súa carta de produtos con novas
elaboracións que sorprenderán a todo o mundo
As marmeladas e
licores artesanais de "Arela", elaborados cos pequenos froitos que
cultivan na súa finca situada na entrada do Parque Naturas das Fragas do
Eume
A repostería artesanal pontesa de "Viuda de Domingo López",
os deliciosos manteigados e polvoróns artesanais elaborados en forno de
pedra seguindo receitas centenarias.
Proximamente a oferta da nosa
tenda ampliarase con produtos de horta ecolóxica de tempada, cultivados
por labregos do noso entorno, así como os viños da IXP "Terra de
Betanzos", entre os que cabe destacar os elaborados coa variedade Blanco
Lexítimo.
Todas aquelas persoas que realicen pedidos superiores a
90 € recibirán como regalo o libro "Pegadas do Eume", do fotógrafo
Vari Caramés, que recolle unha maravillosa ollada aos valores mais
destacables da nosa comarca. Unha edición mellorada en canto á calidade
de impresión, con tapa dura e un cuaderno sobre os valores turísticos do
territorio, que constitúe unha invitación a perderse polo entorno das
Fragas do Eume, do LIC Xuvia Castro, disfrutando do patrimonio natural e
cultural do entorno.
Permanecede atentos, porque para celebrar esta
reapertura da nosa tenda estamos a preparar algunhas promocións que
agardamos sexan interesantes para os vosos paladares e tamén para os
vosos petos.
miércoles, 11 de mayo de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario