Agroalimentaria
do Eume está a comercializar lotes de carne de terneira do Forgoselo
de 5 e 10 kgs. Cada un dos elementos que compoñen estes lotes vai
envasado ao vacío, para favorecer a súa conservación.
A
carne procede da explotación da Asociación Monte Forgoselo, que
cría en extensivo aos terneiros no espazo protexido Xuvia-Castro,
onde se coida cada detalle da súa crianza para obter un produto o
máis natural posible.
Os
terneiros medran en réxime de semiliberdade en zonas de pasto
controladas dunhas 80 ha, neste periodo a alimentación basease no
leite da nai e nos pastos. Entre os 6 e os 8 meses os animais pasan
ao cebadeiro en pequenos grupos. No cebadeiro
coidanse moito as condicións de benestar animal, os becerros teñen
cama de palla, superficie para moverse e un sistema de alimentación
automático a base dun composto de cereais e herba seca.
Alí
permanecen durante uns 90 días, ata que cumpren os 11 ou 12 meses.
Unha vez sacrificado o animal, antes de proceder a súa
comercialización, pasa por un periodo de maduración mínima de unha
semana, para favorecer a calidade do produto final.
O
resultado deste proceso de crianza é unha carne máis tenra, xugosa
e saborosa, cunha cor máis escura e cunha infiltración de graxa,
similar á do vacún maior.
De
momento, ata que se poña en funcionamento a tenda online da
agroalimentaria, os pedidos entregaranse a domicilio só nas comarcas
de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
As persoas interesadas poden
solicitar información ou realizar os seus pedidos a través dos
teléfonos 981 440668 e do 881 951366, ou ben a través do correo
electrónico pedidos@agroalimentariadoeume.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario